Friday 19 de April de 2024

Este sábado Leticia Rey Trío ofrece un concerto na Fábrica


Leticia Rey Trío serán os encargados de abrir o X Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno cun concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, o sábado ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

A compositora, guitarrista e cantante galega Leticia Rey sorprende pola súa excepcional calidade a calquera persoa que a escoita. En 2020 gañou o Premio Estudios Mans da Fundación Paideia para talentos galegos emerxentes e a súa carreira despegou. Esgotáronse as copias do Ep Leticia Rey (2021) e decidiu lanzar o seu primeiro longa duración “Lux” poucos meses despois.

A música de Leticia serve para viaxar polas luces do día e a noite e baixar o ritmo vital gozando de melodías etéreas que se moven entre o jazz, o folk e o pop sempre coa súa voz en primeiro plano. No concerto do sábado estará acompañada polo virtuoso Iago Mouriño ao teclado e Jorge Quesada ao baixo, xusto un mes antes da súa presentación en Madrid.

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/auditorio-a-fabrica/15220–leticia-rey-trio.html